jueves, 23 de enero de 2014

Queremos anunciar que nos trasladamos á web: www.edu.xunta.es/centros/cepdacruz

viernes, 21 de junio de 2013

miércoles, 19 de junio de 2013

EXCURSIÓN A APÍPOLIS

O día 13 de xuño fomos de excursión a APÍPOLIS para coñecer o mundo das abellas. Pero antes de ir buscamos información e cada clase preparou unha parte para explicarlle aos compañeiros.





En apípolis ensináronnos como é o traxe de apicultor e as ferramentas que se empregan para traballar coas abellas. Incluso nos vestimos e estivemos vendo as colmeas. Tamén fixemos velas coa cera das abellas, galletas de mel e nos ensinaron como se recolle o mel.

viernes, 7 de junio de 2013

CONVIVENCIA DE XOGOS POPULARES

O venres 31 de maio, os nenos e nenas de 2º ciclo tivemos unha xornada de convivencia en Gondomar. Alí atopámonos rapaces e rapazas  outros coles da comarca do Val Miñor para xogar a xogos tradicionais.
En total éramos case 300 xogadores e 21 xogos. Por equipos, fomos pasando, cada 10 minutos, polos diferentes xogos.

Os nosos compañeiros de 6º do cole de Camos e de Peitieiros foron os monitores que nos ensinaron a xogar: a goma, a mula, a bombilla, a brancos e negros, ó aro, a chave, aos chinos, pai-fillo-nai, a comba, polis e cacos, os zancos,… PASÁMOLO MOI BEN!!

CHARLA SOBRE O PIRAGÜISMO

O xoves 23  de maio, os nenos e nenas de 4º e 6º tivemos  unha charla moi interesante sobre piragüismo.
Achegouse ata o cole, Enrique, o director do Club de piragüismo Val Miñor, que está en Playa América. El é entrenador nacional e explicounos os diferentes aspectos deste deporte:  tipos de competicións , dos paseios que dan polo mar e polo río e os diferentes tipos de embarcación. Ademáis ensinounos un vídeo no que salía David Cal, o mellor deportista olímpico español, que é galego e ten 5 medallas.
Para rematar, saímos fóra do cole, e … había un remolque con varias piraguas! Así puidemos ver as diferencias entre unhas e outras.

Enrique deunos  invitacións para que este verán podamos ir a dar un paseo en piragua.